DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.077

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 5 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras dos incentivos económicos e as bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Instituto Galego de Promoción Económica, adaptándoas ao Regulamento (CE) 800/2008, do 6 de agosto, xeral de exención por categorías, e se procede á convocatoria para o exercicio 2009, en réxime de concorrencia competitiva, de determinadas liñas de axuda previstas nestas bases.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 31, do 13 de febreiro de 2009, procede facer as seguintes correccións:

Dentro da base reguladora de apoios a proxectos colaborativos de carácter empresarial:

-Na páxina 2.941, no artigo 1.2, onde di: «As establecidas nos artigos 4º e 7º que non se refiran a gastos de investimento, e de persoal derivado do investimento e de consultoría, no caso de que o beneficiario sexa PEME, no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L 379/5, do 28 de decembro). Así mesmo, incardinarase no réxime de minimis o importe de subvención que exceda os límites de intensidade de axuda establecidos nestas bases reguladoras, sempre e cando a acumulación non supere a intensidade máxima de axuda prevista no citado regulamento.», debe dicir: «As establecidas nos artigos 4º e 7º que non se refiran a gastos de investimento, e de persoal derivado do investimento e de consultoría, no caso de que o beneficiario sexa PEME, no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L 379/5,

do 28 de decembro). Así mesmo, incardinarase no réxime de minimis o importe de subvención correspondente a unha liña acollida ao Regulamento (CE) nº 800/2008, que exceda os límites de intensidade de axuda establecidos nestas bases reguladoras, sempre e cando a acumulación non supere a intensidade máxima de axuda prevista no citado regulamento.».

-Na páxina 2.946, no artigo 7.7, onde di: «7.7. (…). Así mesmo, incardinarase no réxime de minimis o importe de subvención que exceda os límites de intensidade de axuda establecidos nestas bases reguladoras, sempre e cando a acumulación non supere a intensidade máxima de axuda prevista no citado regulamento.», debe dicir: «7.7. (…). Así mesmo, incardinarase no réxime de minimis o importe de subvención correspondente a unha liña acollida ao Regulamento (CE) nº 800/2008, que exceda os límites de intensidade de axuda establecidos nestas bases reguladoras, sempre e cando a acumulación non supere a intensidade máxima de axuda prevista no citado regulamento.».

Dentro dos anexos das bases reguladoras dos incentivos económicos:

-Na páxina 2.950, substitúese o anexo VI polo que se publica con esta corrección de erros.

Dentro das bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape:

-Na páxina 2.954, no artigo 2º, onde di: «2. Unha vez rematado o prazo…»; debe dicir: «2.2. Unha vez rematado o prazo…».

Ver referencia pdf "04000D014P129.PDF"