Advertido un erro na Orde do 10 de febreiro de 2009 pola que se determina o importe máximo das axudas que se poderán outorgar no exercicio orzamentario de 2009 ao abeiro do Plan de vivenda 2005-2008 regulado polo Real decreto 801/2005 e polo Decreto 18/2006, publicada no DOG nº 35, do 19 de febreiro, procede facer a seguinte corrección:
No punto 1 do artigo único, onde di: «aplicación 17.02.451A.780.1 por un importe máximo de 2.000.000 », debe dicir: «aplicación 17.02.451A.780.1 por un importe máximo de 1.800.000 ».