DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.065

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2009, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a relación de beneficiarios de reintegros individuais de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario durante o ano 2008.

Por Orde do 12 de decembro de 2007, DOG do 20 de decembro de 2007, regúlase o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario durante o ano 2008.

O punto noveno establece que unha vez concedida a totalidade de reintegros, se publicará no Diario Oficial de Galicia a relación dos profesores beneficiarios deles.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Dar publicidade á relación de beneficiarios que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2009.

Mª José Pérez Mariño

Directora xeral de Ordenación e Innovación

Educativa

Ver referencia pdf "04000D009P114.PDF"

Ver referencia pdf "04000D011P118.PDF"