DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 3.984

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2009 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de febreiro de 2009 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural.

A aprobación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural xustifícase pola necesidade de dar cumprimento ao acordo asinado entre a Administración da comunidade autónoma e as organizacións sindicais, respecto a regulación das condicións de traballo do persoal pertencente ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, e ademais inclúese o disposto no número 3.2 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia en canto ao período de traballo do persoal fixo-descontinuo. Así mesmo, dáse cumprimento ao acordo asinado entre a Administración da comunidade autónoma e as organizacións sindicais para a adecuación da prestación dos servizos veterinarios oficiais no ámbito da Xunta de Galicia. Por outra banda, modifícase o sistema de provisión dos 19 postos de traballo de Xefatura de Distrito mudando a súa cobertura de libre designación a concurso, de acordo coa Sentenza do 17 de decembro de 2008 da Sala do Contencioso-Administrativo do

Tribunal Supremo.

En consecuencia, por proposta da Consellería do Medio Rural, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día doce de febreiro de dous mil nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aprobar a relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Os efectos económicos derivados do acordo asinado para o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais retrotraeranse ao 1 de xaneiro de 2008 e os efectos económicos derivados do acordo dos servizos veterinarios oficiais retrotraeranse ao 31 de outubro de 2008.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do doce de febreiro de dous mil nove, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural, coa finalidade de cumprir este acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2009.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza

Ver referencia pdf "04000D008P036.PDF"