DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 3.984

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se procede á publicación de subvencións concedidas, en virtude da Resolución do 2 de abril de 2008, pola que se regulan axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o exercicio 2008.

De conformidade co disposto no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Resolución do 2 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regulan axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o exercicio 2008, procédese á publicación das restantes subvencións concedidas desde a anterior publicación parcial no Diario Oficial de Galicia do 29 de outubro de 2008, de contía igual ou superior a 3.000 euros, ao seguir o procedemento de concesión establecido no artigo 19.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Finalidade da axuda: a finalidade da concesión destas axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas aos/ás emigrantes galegos/as retornados/as e aos seus familiares é atender situacións de necesidade ou precariedade económica derivadas do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.

Norma reguladora: Resolución do 2 de abril de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regulan axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o exercicio 2008.

Aplicación orzamentaria: 04.50.312C.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.

Crédito orzamentario: 300.000 €.

Relación das persoas beneficiarias e do importe da axuda concedida a cada unha delas, por orde alfabética: figura no anexo que forma parte desta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2009.

Manuel Luís Rodríguez González

Secretario xeral de Emigración

Ver referencia pdf "04000D008P036.PDF"