DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 25 de febreiro de 2009 Páx. 3.921

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2009, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 30 de setembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 193, do 6 de outubro), pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2008 axudas a empresas de transporte público de viaxeiros para a adquisición de vehículos accesibles.

Por medio da Orde do 30 de setembro de 2008, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes fixou as bases e convocou subvencións para que as empresas que prestan servizos de transporte público regular permanente de viaxeiros de uso xeral, suxeitas a concesión administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia, poidan adquirir vehículos accesibles para persoas con mobilidade reducida.

Unha vez rematada a tramitación de todas as solicitudes que se presentaron, e en cumprimento do artigo 10.3º da citada orde, debe dárselles publicidade ás subvencións concedidas.

En consecuencia,

RESOLVO:

Publicar como anexo as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 30 de setembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2008 axudas a empresas de transporte público de viaxeiros para a adquisición de vehículos accesibles.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2009.

Mar Chao López

Directora xeral de Transportes

Ver referencia pdf "03900D002P005.PDF"