DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

EXTRACTO da convocatoria e das bases xerais e específicas para prover as prazas do cadro de persoal funcionario, promoción interna, correpondentes á oferta de emprego para o ano 2008.

No BOP de Lugo número 295, do 24 de decembro de 2008, publícase a convocatoria e as bases xerais e específicas para a provisión das prazas do cadro de persoal funcionario, promoción interna, correspondentes á oferta de emprego para o ano 2008 que a seguir se relacionan:

Ver referencia pdf "03500D071P128.PDF"

Presentación de solicitudes: presentaránse no modelo oficial publicado no BOP número 295, do 24 de decembro de 2008 (páx. 74, 75 e 76).

Lugar de presentación: rexistro xeral desta entidade ou nos lugares determinados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Dirixiranse ao presidente da Deputación Provincial de Lugo.

Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación de este anuncio no BOE.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria se publicarán no BOP de Lugo e/ou no taboleiro de edictos desta corporación.

Lugo, 26 de decembro de 2008.

José Ramón Gómez Besteiro Faustino Martínez Fernández

Presidente da Deputación Secretario da Deputación

Provincial de Lugo Provincial de Lugo