DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

Decathlon España, S.A.V., solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenza de obra e licenza de actividade para venda polo miúdo de material deportivo, que se situará na avenida Madrid, Gandariña (expedientes 65609/421 e 34771/1422).

De conformidade co artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 2 de febreiro de 2009.

José Manuel Mariño Mendoza

Delegado da Área de Urbanismo e Vivenda