DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

Felipe García Ciudad, en representación de Perfumistas de Galicia, S.L. (expte. 10/2008), solicitou licenza municipal para o establecemento dunha nave industrial destinada a almacén de perfumaría que se situará nas Galanas, parroquia de Calo. O expediente exponse a o público durante un prazo de vinte días, segundo establece o artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, contados desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no DOG e no BOP, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O expediente completo permanecerá exposto nos servizos urbanísticos deste concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Teo, 11 de febreiro de 2009.

Martiño Noriega Sánchez

Alcalde