O concelleiro de Goberno responsable da Área de Persoal e Réxime Interior, mediante Resolución do 9 de xaneiro de 2009, nomeou funcionarias de carreira deste concello a:
Yolanda González Cons, DNI 35317016-X e Eva María Córdoba Márquez, DNI 44079307-Z, para ocupar dúas prazas de auxiliar administrativo de Administración xeral, encadradas dentro da subescala administrativa, da escala de Administración xeral, integradas no grupo C, subgrupo C-2.
Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo proposta do tribunal cualificador, ao que se dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.
Pontevedra, 22 de xaneiro de 2009.
Miguel A. Fernández Lores
Alcalde