DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORDES

EDICTO.

O Pleno do Concello en sesión ordinaria, con data do 3 de febreiro de 2008, aprobou inicialmente a modificación das normas subsidiarias de planeamento municipal para a ampliación da Casa Consistorial e construción dun aparcadoiro subterráneo.

De conformidade co disposto no artigo 85.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, ábrese un trámite de información pública, polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, dentro do cal os interesados poderán examinar o expediente na Secretaría municipal e presentar as alegacións que consideren oportunas.

Ordes, 6 de febreiro de 2009.

Manuel Regos Boquete

Alcalde-presidente