DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 289, do 17 de decembro de 2008, publicouse a convocatoria e bases específicas para cubrir, por persoal laboral fixo, dúas prazas de operarios de servizos-carpinteiros, con nivel de titulación de certificado de escolaridade ou equivalente, vacantes no cadro de persoal do concello.

Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais para a provisión de prazas vacantes convocadas polo Concello de Oleiros para o ano 2008, publicadas no BOP da Coruña nº 65, do 18 de marzo de 2008. O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no BOE. Despois da publicación antedita, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse exclusivamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Oleiros, 12 de xaneiro de 2009.

María José Varela Neira

Primeira tenente de alcalde delegada de Interior