DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Xunta de Goberno local, en sesión do 3 de febreiro do ano en curso, acordou iniciar os trámites para a contratación que se indica e, para tal efecto, aprobou o correspondente proxecto de demolición, prego de cláusulas administrativas particulares e gasto, e ordenou anunciar a seguinte licitación:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1, 36500 Lalín (Pontevedra). Teléfono: 986 78 70 60. Fax: 986 78 06 38.

2. Obxecto: demolición de edificación de soto, planta baixa, primeira e baixo cuberta, sita en Tras do Concello, O Regueiriño-Lalín.

3. Tramitación e procedemento: procedemento aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 44.396,48 € (IVE incluído).

5. Prazo de execución: un (1) mes.

6. Clasificación: non se exixe.

7. Criterios de adxudicación e ponderación destes: segundo o establecido no prego.

8. Admisión de variantes e melloras: non.

9. Garantías: provisoria: 3% do orzamento, sen IVE; definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído IVE.

10. Exame do expediente: os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do concello en horas de oficina, de luns a venres, e ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións; porén, os pregos están tamén á disposición dos interesados no perfil do contratante (http://www.lalin.org/perfilcontratante.asp).

11. Lugar e forma de presentación de proposicións: no lugar e forma establecida no prego.

12. Data límite presentación de proposicións: ata as 14.00 horas do vixésimo sexto (26) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Pontevedra.

13. Apertura de proposicións: ver prego.

14. Gastos de publicidade: non.

Lalín, 9 de febreiro de 2009.

Román Rodríguez González

Concelleiro delegado de Urbanismo