DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUITIRIZ

ANUNCIO.

Procedemento de avaliación ambiental: trámite de avaliación ambiental.

Expediente: R.E. nº 435/09.

S.A.T. A Portagandara solicita licenza municipal de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental, de conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño.

A actividade para a que se solicita licenza identifícase con rexistro de entrada nº 435/09, para construción dunha corte de vacún leiteiro no Sandiño-Buriz, Concello de Guitiriz.

De acordo co disposto no número 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia poidan examinar o expediente, na Secretaría Xeral, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretendan instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

O prazo de exposición pública computarase desde a última das publicacións oficiais sinaladas.

Guitiriz, 6 de febreiro de 2009.

Regina Polín Rodríguez

Alcaldesa