DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO de licitación para a venda de parcelas municipais por procedemento aberto e en forma de concurso.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Betanzos.

b) Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

Venda de dúas parcelas de titularidade municipal, para uso industrial, na UE-3 do polígono industrial de Piadela, SAUI-7, polo procedemento aberto en forma de concurso.

Parcelas:

-Parcela 4, UE-3 SAUI-7 Piadela (polígono industrial).

Lindeiros: norte, parcela 3 e zona verde; sur, vía 2; leste, parcela 5 e oeste, parcela 3 e vía 2.

Superficie: 4.634,00 m2.

Edificabilidade: 3.243,80 m2.

Uso: industrial.

Cargas: libre de cargas e gravames.

Inscrición: no Rexistro da Propiedade: inscrita no Rexistro da Propiedade de Betanzos, tomo 1.968, libro 343, folio 5, terreo 24546, inscrición 1ª.

Procede do proxecto de compensación da UE-3 do PP de Piadela (SAUI-7).

-Parcela 5, UE-3 SAUI-7 Piadela (polígono industrial).

Lindeiros: norte, zona verde; sur, vía 2; leste, parcela 6 e oeste, parcela 3 e vía 2.

Superficie: 2.399,30 m2.

Edificabilidade: 1.679,30 m2.

Uso: industrial.

Cargas: libre de cargas e gravames.

Inscrición no Rexistro da Propiedade: inscrita no Rexistro da Propiedade de Betanzos, tomo 1.986, libro 343, folio 7, terreo 24547, inscrición 1ª.

Procede do proxecto de compensación da UE-3 do PP de Piadela (SAUI-7).

3. Prezo de licitación.

-Parcela 4.

Prezo de licitación: 1.117.859,82 €.

IVE (16%): 178.857,57 €.

Licitación e IVE: 1.296,717,39 €.

-Parcela 5.

Prezo de licitación: 578.710,77 €.

IVE (16%): 92.593,72 €.

Licitación e IVE: 671.304,49 €.

4. Garantías.

Provisoria:

Parcela 4.

Aval (2% licitación): 25.934,34 €.

Parcela 5.

Aval (2% licitación): 13.426,08 €.

Definitiva:

5% do importe de adxudicación en cada caso (comprende o importe da parcela máis a cantidade de aplicar a porcentaxe do 16% en concepto de IVE).

5. Obtención de documentos e información.

Concello de Betanzos, praza de Galicia, número 1, edificio Liceo, 15300 Betanzos. Departamento de Urbanismo. Teléfono: 981 77 65 28. Fax: 981 77 65 29.

6. Presentación das proposicións.

Un mes contado desde o día seguinte a aquel en que apareza publicado o anuncio de licitación no último diario oficial que se publique, en horario de apertura ao público, ou ben en calquera das formas permitidas no artigo 38.4º da LPAC.

7. Apertura de ofertas.

O décimo primeiro día hábil, que non sexa sábado, que siga ao último do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas.

8. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Betanzos, 9 de xaneiro de 2008.

María Dolores Faraldo Botana

Alcalesa-presidenta