DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Jesús Méndez Pensado.

No Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, tramítase o recurso 1041/2008 IN (procedemento ordinario), interposto por María Jesús Méndez Pensado contra a resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, do 30 de xuño de 2008, pola que se desestima o recurso de reposición interposto pola recorrente contra a Resolución do 27 de maio de 2008, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, se nomean os aspirantes seleccionados como persoal estatutario fixo e se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente (categoría de pinche).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2009.

Antonio José Fernández Paniagua

Director xeral da División de Recursos Humanos

e Desenvolvemento Profesional