No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela tramítase o recurso 584/2008 (procedemento abreviado), interposto por Sara Codesido Lorenzo contra a Resolución do 11 de setembro de 2008, ditada polo director xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, pola que se resolve o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 23 de xullo de 2008, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación dos definitivamente seleccionados (categoría de persoal de servizos xerais).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2009.
Antonio José Fernández Paniagua
Director xeral da División de Recursos Humanos
e Desenvolvemento Profesional