DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de xaneiro de 2009, da Dirección Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, pola que se lles notifica aos interesados que se citan a resolución ditada nos respectivos procedementos tramitados ao abeiro da Orde do 2 de xullo de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca a concesión de bolsas para o acceso en aluguer á vivenda para estudantes de ciclos formativos da formación profesional inicial do curso 2008-2009.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de realizados dous intentos de notificación e sen que se puidese efectuar, mediante esta publicación notifícaselle a resolución de denegación da bolsa para acceso en aluguer de vivenda para estudantes de ciclos formativos de formación profesional inicial do curso 2008-2009, aos seguintes interesados co último enderezo coñecido que se indica:

-Patricia Carrregal Núñez, r/ Raxeira, nº 42, 3º A, Santiago de Compostela, A Coruña.

-Edwin Raúl Vivanco Salvatierra, r/ Rodríguez Seoane nº 4, 2º A, 36004 Pontevedra.

-Alba María Álvarez Castrillo, r/ Zamora, nº 80, 32600 Vigo, Pontevedra.

-Miguel García Outes, pr. do Comercio, nº 17 A, 7º I, 15010 A Coruña.

Para o coñecemento do contido íntegro destas resolucións deberán comparecer nas dependencias da Consellería de Vivenda e Solo, na Dirección Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, na Área Central, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

Fáiselle saber que contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Vivenda e Solo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula de notificación, consonte o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, ou ben poderá ser impugnado directamente ante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses, consonte o establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2009.

Encarna Otero Cepeda

Directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda