DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.563

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2009, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 08/114-2, 7259 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Canteras Prebetong, S.L.

Domicilio social: lg. Alto do Cruceiro, S.L., 27870 Xove.

Denominación: L.M.T.S. particular para subministración eléctrica a canteira de Canteras Prebetong, S.L.

Situación: concello de Xove.

Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV, con orixe nunha cela do centro de seccionamento da Abelleira e final no C.T. propiedade do solicitante, cunha lonxitude de 460 m en condutor R.H.Z.1-150.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 28 de xaneiro de 2009.

Ramón Jesús Cortés Máñez

Delegado provincial de Lugo