DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da subministración de equipos multifunción con destino aos centros de ensino dependentes desta consellería. (Expediente ED-02/09SU).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: ED-02/09SU.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de equipamentos multifunción que se describe no correspondente prego de prescricións técnicas.

b) División por lotes e número: si, 2 lotes.

c) Lugar de entrega e instalación: almacén da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sito no polígono industrial de Toedo, concello da Estrada (Pontevedra) ou no centro educativo que se sinale en función do volume de artigos para entregar.

d) Prazo de entrega: 30 días ou o prazo ofertado polo adxudicatario se for inferior.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 9 do prego de cláusulas adminitrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: 205.431,03 euros (IVE excluído). IVE: 32.868,97 euros, o que fai un importe total de: 238.300,00 euros, cuxa distribución por lotes é a seguinte:

Lote 1:105.517,24 €, IVE: 16.882,76 €, total: 122.400,00 €.

Lote 2: 99.913,79 €, IVE: 15.986,21 €, total: 115.900,00 €.

Cofinanciado con fondos Feder.

5. Garantías.

a) Provisoria: non se exixe a súa constitución.

b) Definitiva: 5% do importe de licitación, incluído o IVE, dos lotes adxudicados.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n. 15781-Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 60.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación, no seguinte enderezo da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=11581

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: admítese a presentación dunha variante sobre o prezo total do lote e a calidade técnica e funcional nos seus puntos 4.2, 4.3 e 4.5 establecidos na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Lugar de presentación.

1ª Entidade: rexistro xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

2ª Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase no prazo dun mes contado desde a data de finalización do prazo para presentar as ofertas ás 11.00 horas.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2009.

Benito Fernández Rodríguez

Secretario Xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria