DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 621/2008, interposto polo Sindicato Provincial de Administración Pública de Pontevedra da Confederación Xeral de Traballo.

A secretaría xeral recibiu oficio do Xulgado Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela, do 30 de decembro de 2008, polo que se comunica a admisión da interposición do recurso contencioso-administrativo do procedemento abreviado número 621/2008, interposto polo Sindicato Provincial de Administración Pública de Pontevedra da Confederación Xeral de Traballo, fronte á actuación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en vía de feito, consistente na aplicación efectiva do acordo sobre horarios e retribucións dos funcionarios da Xunta de Galicia que prestan servizo nos centros de ensino.

A Subdirección Xeral de Persoal remitiu, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, o correspondente expediente administrativo á referida sala do contencioso-administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte no citado recurso na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (praza de Galicia, s/n, 15071 A Coruña) no prazo de nove (9) días, contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2009.

Benito Fernández Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria