DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

CÉDULA do 5 de febreiro de 2009, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as demandas correspondentes a expedientes instruídos pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, devoltos polo servizo de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar. (Expediente XA 109/08 e cinco máis).

Por esta cédula notifícaselles aos interesados cos datos e último enderezo coñecido sinalados no anexo a formulación das reclamacións que se relacionan, e que deron lugar, co número que se indica, á instrución dos correspondentes expedientes pola Xunta Arbitral de Transportes, e sinálase a súa vista na data e horas establecidas na relación que se achega.

E para que conste e lles sirva de notificación aos demandados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2009.

Mar Chao López

Directora xeral de Transportes

Ver referencia pdf "03500D047P115.PDF"