DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2009 pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio da obra de clave OU/04/058.01.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: acondicionamento da estrada OU-304. Treito: N-525 intersección estrada provincial de Xinzo a Cualedro, convenio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes-Concello de Xinzo de Limia 10-6-2005.

Clave do expediente: OU/04/058.01.

Orzamento base de licitación: 1.863.215,95 euros (IVE excluído). IVE: 298.114,55 euros.

Prazo de execución: 17 meses

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

División por lotes e número: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, procedemento aberto multicriterio.

4. Garantías.

Provisoria: non se exixe

Exixirase unha garantía definitiva equivalente ao 5% do orzamento de licitación, IVE non incluído. Ver punto I do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas

b) Domicilio: edificios administrativos de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781-Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 49 86.

e) Fax: 981 54 47 91.

Así mesmo, tamén se poderá obter o prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características, relativo a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/

E en Copy Nino (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características, proxecto, soporte dixital), rúa Feáns nº 19 e Rosalía de Castro nº 58-15706 Santiago de Compostela-A Coruña, teléfono e fax 981 58 89 38.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: a exixida no punto 2 anterior.

A capacidade técnica segundo o especificado no parágrafo J.2 a) do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

A aquelas empresas non españolas de países integrados na Unión Europea que non estean clasificadas exixiráselles a documentación que sinalan os artigos 64 e 65 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: na Oficina de Rexistro Único e Información no complexo administrativo de San Caetano, segundo o que se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): dous (2) meses consonte o artigo 145 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

e) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de variantes: ver parágrafo F do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura das ofertas: terá lugar ás 11.00 horas da data que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/, con 3 días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura das proposicións, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

Se por algún motivo houbese que atrasar o acto público de apertura das proposicións, reflectirase a nova data no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº A), segundo se especifica no punto 3.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo DOG: por liña 10,82 euros.

11. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2009.

P.D. (O. 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

Luis Vázquez Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Transportes