DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos P.O. 4275/2008 e P.O. 4737/2008; contra a Orde do 3 de outubro de 2007, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, pola que se aproba definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Santiago de Compostela.

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números P.O. 4275/2008, interposto por Luis Vázquez Aldrey, Albino Vázquez Rodríguez, Albino Vázquez Aldrey, Bacoriño, S.L.; e P.O. 4737/2008, interposto por Paulo López Porto, contra a Orde do 3 de outubro de 2007, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, pola que se aproba definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Santiago de Compostela.

Para os efectos de cumprir o solicitado no devandito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 18 de xuño de 2008.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2009.

Luis Vázquez Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes