DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4331/2008, contra a Orde do 26 de febreiro de 2008, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, sobre a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Laza (Ourense).

Para os efectos de lle dar cumprimento ao solicitado polo presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4331/2008, interposto por Serafina Basalo Blanco, contra a Orde do 26 de febreiro de 2008, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, sobre a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Laza (Ourense), esta secretaría resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2009.

Luis Vázquez Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas

e Transportes