DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 7979/2007 e sete máis; todos eles contra a Resolución do 29 de decembro de 2006, da Dirección Xeral de Urbanismo, sobre aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución dunha actuación residencial universitaria no Plan parcial de ordenación do Campus Universitario de Elviña (A Coruña).

Para os efectos de lle dar cumprimento ao solicitado polo presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números PO 7979/2007, interposto por Manuel Rodríguez Pardo; PO 9425/2008, interposto por María Fernanda Ozores Patiño e outros; PO 9427/2008, interposto por María Luisa Iglesias Catoira; PO 9467/2008, interposto por María Luisa Iglesias Catoira; PO 9469/2008, interposto por Erminda Rodríguez Pardo; PO 9471/2008, interposto por Alejandra Capelán Rodríguez; PO 9473/2008, interposto por Fernando Blanco Pardo e José Blanco Pardo; e PO 11557/2008, interposto por José Souto Monelos; todos eles contra a Resolución do 29 de decembro de 2006, da Dirección Xeral de Urbanismo, sobre aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución dunha actuación residencial universitaria no

Plan parcial de ordenación do Campus Universitario de Elviña (A Coruña) (expediente número 115A-07/1), esta secretaría resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2009.

Luis Vázquez Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Transportes