DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2009 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos servizos de organización, xestión e desenvolvemento do programa Augamar 2009.

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o concurso que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

c) Número de expediente: EC2/2009.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizos de organización, xestión e desenvolvemento do programa Augamar 2009.

b) Lugar de execución: albergue xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa) e albergue xuvenil Gandarío (Bergondo).

c) Prazo de execución: desde o 13 de abril ao 15 de xullo de 2009, segundo os prazos parciais definidos no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento doce mil cento corenta e nove euros con cincuenta e tres céntimos (112.149,53 €), ao que lle hai que engadir sete mil oitocentos cincuenta euros con corenta e sete céntimos (7.850,47 €) que corresponden ao IVE, o que supón un total cento vinte mil euros (120.000 €).

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: si (5% do importe de adxudicación).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

b) Enderezo: San Caetano s/n, bloque 3-1º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 48 53.

e) Fax: 981 54 58 43.

f) Data límite para a obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=11561

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se exixe clasificación.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de 8 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Oficina do Rexistro Único e Información no complexo administrativo de San Caetano, 15781, Santiago de Compostela.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 58 43) ou telegrama, no mesmo día.

A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

Apertura do sobre B:

a) Entidade: sala de xuntas do edificio administrativo de San Caetano.

b) Enderezo: San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data de apertura: o oitavo día natural seguinte ao do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: ás 9.00 horas.

A data e hora de apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2009.

P.D. (Orde 16-11-2007)

Antonio Javier Ferreira Fernández

Secretario xeral da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar