DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.551

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (483/2008).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número un de Lugo, fago saber que no procedemento de demanda 483/2008 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gardelia Sueles da Silva Patricio contra a empresa Antonio Fernández Novoa, sobre ordinario, se ditou a sentenza cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Que, estimando parcialmente a demanda presentada por Gardelia Sueles da Silva Patricio contra a empresa Antonio Fernández Novoa, condeno a demandada a que lle aboe a cantidade de 2.616,75 euros, á cal lle será de aplicación a recarga por mora do 10% anual. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que lle corresponda asumir ao Fondo de Garantía Salarial dentro dos límites legais.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por medio deste xulgado do social, logo de realizar o depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos exixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral, e en especial o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozar do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ao anunciar o recurso de suplicación, ter consignado na conta depósitos e consignacións nº 0030 2322 0000 60 0483 08, que este xulgado do social ten aberta na entidade Banesto, sucursal da rúa San Marcos, nº 3, 27001, desta cidade, a cantidade obxecto da condena, podendo substituír a consignación en metálico pola aseguranza mediante aval bancario, no cal se deberá facer

constar a responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de ser o caso, o documento de aseguranza, en que deberá constar o número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión aos autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 150,25 euros, previsto para esta clase de recursos, que se deberá constituír na mesma conta nº 0030 2322 0000 65 0483 08 da entidade Banesto, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe; os xustificantes deberán entregarse na secretaría deste xulgado ao mesmo tempo de interpor o recurso, no caso de ser a empresa demandada condenada a que o interpuxer, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en forma legal a Antonio Fernández Novoa, en paradoiro ignorado, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Lugo, 27 de xaneiro de 2009.

O secretario xudicial

Rubricado