DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.551

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (189/2007).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos ante este xulgado do social, tramitados baixo o número 189/2007 por instancia de Concepción Cotelo Fraga contra a empresa Taberna Checa, C.B., sobre cantidade, se dictou a seguinte:

«Sentenza.-Na ciudade da Coruña, 23 de xaneiro de 2009. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu estes autos de xuízo número 189/2007, seguidos por instancia de Concepción Cotelo Fraga, maior de idade, asistida polo letrado sr. Güémez Abad, contra a empresa Taberna Checa, C.B., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Concepción Cotelo Fraga contra a Taberna Checa, C.B., e condeno a demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 1.380 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á Taberna Checa, C.B., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e coa advertencia de que as seguintes notificacións se farán nos estrados do xulgado, agás las que sexan emprazamentos, autos e sentenzas, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña, 23 de xaneiro de 2009.

A secretaria judicial

Rubricado