DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.551

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (772/2008).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o nº 772/2008 por instancia de María Eva Ortega Torres contra a empresa Actividades Puntuales, S.L. sobre extinción de relación laboral, ditouse a seguinte sentenza:

«Na cidade da Coruña, 20 de xaneiro de 2009.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número dous desta cidade, viu estes autos de xuízo nº 772/2008, seguidos por instancia de Eva María Ortega Torres, maior de idade, representada e asistida pola letrada Begoña Folgar Fraga, contra a empresa Actividades Puntuales, S.L., que non compareceu nos autos e contra o Fogasa, representado e asistido polo letrado sr. Morado Díaz, sendo o obxecto da reclamación, extinción de relación laboral.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a inadecuación do procedemento e deixo de coñecer sobre o fondo da demanda interposta por Eva María Ortega Torres, contra a empresa Actividades Puntuales, S.L., coa intervención do Fogasa, coa absolución na instancia da entidade demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Actividades Puntuales, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e coa advertencia de que as seguintes notificacións se farán nos estrados do xulgado, agás as que sexan emprazamentos, autos e sentenzas, expido e asino esta cédula na Coruña, 20 de xaneiro de 2009.

A secretaria xudicial

Rubricado