DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.550

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (50/2008).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado de lo Social número un da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 50/2008 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luz Varela Castro, comunidade hereditaria de José María Villanueva Martelo, David Villanueva Varela, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, INSS, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Alejandro García Cousillas, R. Domínguez Lestado, comunidade de bens, sobre seguridade social, ditouse auto cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que desestimo a demanda presentada por María Luz Varela Castro, actuando no seu propio nome e no do seu fillo menor David Villanueva Varela, contra Alejandro García Cousillas, R. Domínguez Lestado, comunidade de bens, e contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, polo que absolvo as demandadas das pretensións contidas na demanda contra elas dirixida mantendo a recarga do 35% nas prestacións recoñecidas á demandante e ao seu fillo.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela poderá interpoñerse recurso de suplicación que deberá anunciarse ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación desta sentenza, e para iso bastará a simple manifestación da parte ou do seu avogado ou representante, ao lle facer a notificación desta, do seu propósito de interpoñelo. Tamén se poderá anunciar por comparecencia ou por escrito das partes ou do seu avogado ou representante ante este xulgado e que será resolto, de ser o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Alejandro García Cousillas, R. Domínguez Lestado, comunidade de bens, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2009.

María Blanco Aquino

Secretaria xudicial