DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.550

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (906/2008).

Eu, María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que no procedemento demanda 906/2008 deste xulgado do social, seguido por instancia de Atilano Rodríguez González, contra a empresa Galicociñas, S.L., sobre despedimento, se ditou auto cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que estimo a demanda sobre despedimento formulada por Atilano Rodríguez González contra a empresa Puertas de Cocina Osaly, S.L. e declaro a improcedencia deste.

Así mesmo declaro, con data de efectos desde esta data (15 de xaneiro de 2009), a extinción da relación laboral existente entre as partes e condeno a precitada empresa a se ater ás anteriores declaracións e a que lle aboe á parte demandante as seguintes cantidades:

-Indemnización por despedimento improcedente: 5.389, 14 euros.

-Salarios de tramitación: 5.410,31 euros.

E todo iso coa libre absolución de Galicociñas, S.L.

Así mesmo, absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito das partes, o seu avogado ou o seu representante legal, designando o letrado que o deberá interpor, sendo posible o anuncio por mera manifestación daquela ao ser notificada, e que será resolto, de ser o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta en Banesto, conta nº 1531, clave 60, que se poderá substituír por aseguramento mediante aval bancario en que conste a responsablidade solidaria do avalista máis outra cantidade de 150,25 euros na conta nº 1531, clave 65, en calidade de depósito, e en impreso separado do do importe da

condena».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Galicociñas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no BOP.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2009.

A secretaria xudicial

Rubricado