DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.549

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (326/2006).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que no procedemento demanda 326/2006 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yusnier Torres Gómez contra a empresa Aladroque, S.L. e Fogasa, sobre salarios, ditouse auto cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que estimo a demanda formulada pola comunidade de herdeiros de María Victoria Gómez Fernández, representada por Yusmier Torres Gómez, contra a empresa Aladroque Cervecería, S.L., polo que condeno a empresa demandada a aboarlle á parte demandante a cantidade de 2.991,84 euros, polos conceptos recoñecidos como debidos nesta resolución, co incremento dos xuros do 10%.

Así mesmo, absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación, que deberá anunciarse ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación desta sentenza, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou o seu representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, sendo posible o anuncio por mera manifestación daquela ao ser notificada, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ao anunciar o recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta en Banesto, conta nº 1531, clave 60, que poderá substituírse por aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na conta nº 1531, clave 65 e en calidade de depósito e en impreso separado do do importe da

condena».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Aladroque Cervercería, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no BOP.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2009.

A secretaria xudicial

Rubricado