DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.546

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2009, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 063 (oficial 1ª condutor/a//condutores/as 1ª e outros) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, pola que se lle dá publicidade ao acordo polo que se publican as notas do segundo exercicio (proba práctica) do proceso selectivo pola quenda de promoción interna e cambio de categoría.

En sesión que tivo lugar o día 13 de febreiro de 2009, o tribunal nomeado pola Orde do 29 de outubro de 2008 para cualificar o proceso selectivo para o acceso á categoría 063 (oficial 1ª condutor/a//condutores/as 1ª e outros) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, convocada pola orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 21 de febreiro de 2006 (DOG nº 61, do 28 de marzo), modificada pola Orde do 17 de abril de 2008 (DOG nº 78, do 23 de abril), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro.-De acordo co establecido na base II.2.I b) da orde da convocatoria, declarar que superaron o segundo exercicio da fase de oposición (proba práctica) na quenda de promoción interna e cambio de categoría os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 12.5 puntos.

Segundo.-Realizar os trámites oportunos para a publicación das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso selectivo na Academia Galega de Seguridade Pública, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na sede electrónica da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro.-De acordo co disposto na base II.2.1.1 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2009.

José Álvarez Robledo

Presidente do tribunal