DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.545

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2009, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de biólogos, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, pola que se fan públicas as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 12 de febreiro de 2009, o tribunal designado pola Orde do 15 de setembro de 2008, para cualificar o proceso selectivo para o acceso ao corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de biólogos, polas quendas de acceso libre e promoción interna, convocado pola Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 28 de decembro de 2007 (DOG nº 7, do 10 de xaneiro de 2008), acordou, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria:

Primeiro.-De conformidade co disposto na base II.1.2 da convocatoria, superou o segundo exercicio das quendas de acceso libre e promoción interna quen obtivese unha puntuación mínima de 10 puntos.

Segundo.-Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso selectivo para o acceso ao corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de biólogos, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no recinto feiral da Semana Verde en Silleda, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán en Santiago de Compostela e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro.-Os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas ás puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Os aspirantes que superaron o segundo exercicio disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar o documento xustificativo (orixinal ou fotocopia debidamente compulsada) de estaren en posesión do Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, publicada no DOG nº 146, do 30 de xullo, para os efectos da exención prevista no terceiro exercicio. Esta documentación presentarase nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos e demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Este prazo comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación no DOG desta

resolución.

En todo caso, na dita documentación xustificativa deberá constar que o aspirante posuía o curso de que se trate no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2009.

Juan José Valiela Villa

Presidente do tribunal