DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.544

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2009 pola que se fai pública a concesión de tres bolsas de formación na área da estatística pública no Instituto Galego de Estatística, convocadas por Resolución do 27 de outubro de 2008.

Para dar cumprimento ao establecido na base décima da Resolución do 27 de outubro de 2008 pola que se convocan tres bolsas de formación na área da estatística pública no Instituto Galego de Estatística (DOG nº 214, do 4 de novembro) e de conformidade co artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta dirección

RESOLVE:

Facer pública a concesión de tres bolsas de formación na área da estatística pública no Instituto Galego de Estatística, ás persoas que se relacionan a continuación:

-Beatriz López Calviño, con NIF 47370769-S.

-Noa Veiguela Fernández, con NIF 76580162-Y.

-Ana Touriño Sánchez, con NIF 34632916-D.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estimar a interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2009.

Ángel L. Tarrío Tobar

Director do Instituto Galego de Estatística