DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.541

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2009 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2008.

Para os efectos previstos no artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración, previstos no artigo 3.1º c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2008, e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2009.

Juan José Álvarez Carril

Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº: 1.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Galega Serra do Bocelo para a execución dos cursos de aforro e eficiencia enerxética na agricultura e na gandaría.

Obxecto: definir os mecanismos de colaboración entre o Inega e a Asociación Galega Serra do Bocelo para a realización de 12 cursos de aforro e eficiencia enerxética na agricultura e na gandaría para realizar no territorio da Comunidade Autónoma galega.

Sinatura: 5-novembro-2008.

Importe: 12.000 €.

Nº: 2.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e a Asociación de Montes de Galicia (Montegal).

Obxecto: elaboración dun estudo sobre a biomasa forestal como recurso enerxético, co título de Potencialidades Enerxéticas do Monte Galego.

Sinatura: 21-novembro-2008.

Importe: 50.000 €.

Nº: 3.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais (Aspanane) para a realización dunha instalación fotovoltaica no taller ocupacional da asociación.

Obxecto: definir o marco de colaboración entre o Inega e Aspanane para a realización dunha instalación fotovoltaica con conexión a rede de 22 kW no taller ocupacional da asociación.

Sinatura: 22-novembro-2008.

Importe: 50.000 €.

Nº: 4.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa).

Obxecto: definir o marco de colaboración entre o Inega e Igafa, para a realización dunha instalación solar térmica para o quentamento da piscina de acuicultura na Illa de Arousa.

Sinatura: 24-novembro-2008.

Importe: 130.000 €.

Nº: 5.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e o Concello de Muros.

Obxecto: definir o marco de colaboración entre o Inega e o Concello de Muros, para a execución dunha instalación solar térmica e caldeira de biomasa para a xeración de auga quente sanitaria e climatización de piscina municipal.

Sinatura: 27-novembro-2008.

Importe: 144.234,79 €.

Nº: 6.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e o Concello de Cerdido.

Obxecto: definir o marco de colaboración entre o Inega e o Concello de Cerdido, para a execución dunha instalación solar térmica para a xeración de auga quente sanitaria e climatización de piscina municipal no Castro.

Sinatura: 28-novembro-2008.

Importe: 74.306,41€.

Nº: 7.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Concello de Rairiz de Veiga.

Obxecto: definir o marco de colaboración entre o Inega e o Concello de Cerdido, para a execución dun proxecto de transformación para o consumo de biomasa sobre os sistemas de xeración térmica existentes, consistente na implementación de queimadores de pellets, así como dos necesarios sistemas de alimentación e almacenamento de biomasa.

Sinatura: 28-novembro-2008.

Importe: 51.620 €.

Nº: 8.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Universidade de Santiago de Compostela.

Obxecto: definir o marco de colaboración entre o INEGA e a USC para a realización dunha instalación demostrativa no Campus Sur de Santiago de Compostela, denominada Instalación de Enerxía Solar Fotovoltaica de 10 kW situada na fachada sur-leste da facultade de física da USC.

Sinatura: 1-decembro-2008.

Importe: 102.289 €.

Nº: 9.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e o Concello de Ribadeo.

Obxecto: definir o marco de colaboración entre o INEGA e o Concello de Ribadeo para a realización dunha instalación de iluminación pública en varias rúas do concello.

Sinatura: 3-decembro-2008.

Importe: 35.919,40 €.

Nº: 10.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Concello de Noia.

Obxecto: definir o marco de colaboración entre o INEGA e o Concello de Noia para a realización dunha instalación de iluminación pública en varias rúas do concello.

Sinatura: 4-decembro-2008.

Importe: 23.644,28 €.

Nº: 11.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Concello de Vilagarcía de Arousa para promover e potenciar o uso da bicicleta como medio de transporte urbano no concello de Vilagarcía de Arousa.

Obxecto: establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre o Inega e o Concello de Vilagarcía de Arousa, en virtude da cal o Inega suvbencionará unha actuación tendente a potenciar o uso da bicileta no concello.

Sinatura: 31-decembro-2008.

Importe: ata un máximo de 140.000 €.

Nº: 12.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Concello de Redondela para promover e potenciar o uso da bicicleta como medio de transporte urbano no concello de Redondela.

Obxecto: establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre o Inega e o Concello de Redondela, en virtude da cal o Inega subvencionará unha actuación tendente a potenciar o uso da bicicleta no concello.

Sinatura: 31-decembro-2008.

Importe: ata un máximo de 140.000 €.

Nº: 13.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Concello de Culleredo para promover e potenciar o uso da bicicleta como medio de transporte urbano no concello de Culleredo.

Obxecto: establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre o Inega e o Concello de Culleredo, en virtude da cal o Inega subvencionará unha actuación tendente a potenciar o uso da bicicleta no concello.

Sinatura: 31-decembro-2008.

Importe: ata un máximo de 140.000 €.

Nº: 14.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Concello da Coruña para promover e potenciar o uso da bicicleta como medio de transporte urbano no concello da Coruña.

Obxecto: establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre o Inega e o Concello da Coruña, en virtude da cal o Inega subvencionará unha actuación tendente a potenciar o uso da bicicleta no concello.

Sinatura: 31-decembro-2008.

Importe: ata un máximo de 140.000 €.

Nº: 15.

Título: acordo de coordinación entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o desenvolvemento dunha actuación que fomente a maior participación dos medios colectivos no transporte por estrada.

Obxecto: establecer os mecanismos de colaboración entre o Inega e a Dirección Xeral de Transportes para levar a cabo unha actuación en materia de aforro e eficiencia enerxética maior participación dos medios colectivos no transporte por estrada.

Realizaranse estudos que permitan, en función dos seus resultados, levar a cabo investimentos en infraestruturas ou servizos para que aumente a demanda dos medios colectivos.

Sinatura: 31-decembro-2008.

Importe: 200.000 €.

Nº: 16.

Título: convenio específico de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) a Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo (Faimevi), a Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC) e a Fundación Sotavento Galicia, para a execución de cursos de condución eficiente de vehículos no marco do Plan de acción da estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España 2008-2012 (E4) correspondentes ao exercicio 2008.

Obxecto: fomentar un novo estilo de condución dos vehículos turismos, co que se obteñen diminucións medias no consumo de combustible de ata o 15% sobre a condución convencional, mellorando tamén a seguridade.

Sinatura: 31-decembro-2008.

Importe: 150.000 €.

Nº: 17.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Concello de Ferrol para promover e potenciar o uso da bicicleta como medio de transporte urbano no concello de Ferrol.

Obxecto: establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre o Inega e o Concello de Ferrol, en virtude da cal o Inega subvencionará unha actuación tendente a potenciar o uso da bicicleta no concello.

Sinatura: 31-decembro-2008.

Importe: ata un máximo de 140.000 €.

Nº: 18.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galícia (Inega), o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galícia, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e os Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo, para a realización de accións en materia de certificación enerxética de edificios, no marco do Plan de Acción da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética en España 2008-2012 (E4) correspondentes ao exercicio 2008.

Obxecto: establecer as bases de colaboración para a realización de actuacións en materia de certificación enerxética de edificios, actuacións que comprenden a realización das seguintes actuacións:

-Cursos de formación de formadores en certificación enerxética de edificios.

-Cursos específicos de formación sobre certificación enerxética de edificios.

Sinatura: 31-decembro-2008.

Importe: 150.000 €.

Nº: 19.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galícia (Inega) e o Centro Tecnolóxico da Pesca (Cetpec) para potenciar a eficiencia enerxética nos pesqueiros.

Obxecto: establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre o Inega e o Cetpec, en virtude da cal o Inega subvencionará actuacións tendentes a incrementar o uso racional da enerxía nos barcos de pesca proporcionándolles aos mariñeiros ferramentas para xestionar a enerxía que empregan no barco de xeito máis eficiente e o Cetpec elaborará e remitirá ao Inega un estudo sobre a mellora da eficiencia enerxética en pesqueiros de altura, litoral e en embarcacións de pesca artesanal.

Sinatura: 31-decembro-2008.

Importe: o orzamento total das actuacións obxecto deste convenio ascende á cantidade de 662.857€ dos cales o Inega achegará 464.000 € (70%) para o seu financiamento.