DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.519

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

ORDE do 10 de febreiro de 2009 pola que se determina o importe máximo das axudas que se poderán outorgar no exercicio orzamentario de 2009 ao abeiro do Plan de Vivenda 2005-2008 regulado polo Real decreto 801/2005 e polo Decreto 18/2006.

O Decreto 18/2006, do 26 de xaneiro, constitúe o marco normativo polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 801/2005, do 1 de xullo, para o período 2005-2008.

O seu artigo 6 establece que as axudas se atenderán da forma que será establecida mediante ordes anuais da Consellería de Vivenda e Solo.

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos do disposto no artigo sexto do Decreto 18/2006, do 26 de xaneiro, e para dar cobertura aos expedientes que acaden no exercicio 2009 a fase de concesión, determínanse as aplicacións do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009, onde figuran os créditos con cargo aos que serán atendidas as axudas previstas no citado decreto:

1. Para rehabilitación de edificios e vivendas e reserva de recursos non territorializados por parte de familias e institucións sen ánimo de lucro corresponderá á aplicación 17.02.451A.780.1 por un importe máximo de 2.000.000 €.

2. Á promoción de vivendas protexidas de nova construción destinadas a aluguer e de aloxamentos protexidos e urbanización de solo por parte de empresas privadas correspóndelle a aplicación orzamentaria 17.02.451B.770.0, para a cal se fixa un importe máximo de 4.500.000 euros.

3. Para adquisición de vivenda protexida e usada e promoción para uso propio por parte de familias e institucións sen ánimo de lucro a aplicación é a 17.02.451B.780.1 por un importe máximo de 4.000.000 €.

4. Para a promoción de vivenda protexida por parte de institucións sen fin de lucro atenderase con cargo á aplicación 17.02.451B.781.0, tendo un importe máximo de 378.629 euros.

Disposición derradeira

Única.- Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2009.

Teresa Táboas Veleiro

Conselleira de Vivenda e Solo