DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.519

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2009, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 12 de maio de 2008, pola que se establecen as bases e se regula o procedemento de concesión de axudas para a realización de proxectos de promoción sociocultural e divulgación nas comunidades pesqueiras e no sector pesqueiro.

De conformidade co disposto no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas de contía igual ou superior a 3.000 euros.

Finalidade da axuda: a subvención dos gastos correntes e os gastos de equipamento que se lles orixinen ás entidades as cales se lles concedan as axudas para a realización dos proxectos de promoción sociocultural e divulgación do sector pesqueiro conforme o establecido no artigo 2 da Orde do 12 de maio.

Norma reguladora: Orde do 12 de maio de 2008 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento de concesión de axudas para a realización de proxectos de promoción sociocultural e divulgación nas comunidades pesqueiras e no sector pesqueiro (DOG nº 97, do 21 de maio de 2008).

Aplicacións orzamentarias: 14.04.722A.481.1 e 14.04.722A.780.0 dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2008 e 2009.

Crédito orzamentario para o ano 2008: 200.000 € na aplicación orzamentaria 14.04.722A.481.1 e 300.000 € na aplicación orzamentaria 14.04.722A.780.0.

Crédito orzamentario para o ano 2009: 200.000 € na aplicación orzamentaria 14.04.722A.481.1 e 300.000 € na aplicación orzamentaria 14.04.722A.780.0.

Entidades beneficiarias da subvención cunha contía igual ou superior a 3.000 € e importe da axuda concedida a cada unha delas expresado en euros, que figuran no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2009.

Fátima Linares Cuerpo

Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro

Ver referencia pdf "03500D010P075.PDF"