DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 19 de febreiro de 2009 Páx. 3.518

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 29 de xaneiro de 2009 pola que se fixa o prezo de venda ao público da publicación: Guía para a abordaxe do tabaquismo en grupo. Manual de sesións.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada polo Servizo Galego de Saúde e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, de ser o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2009.

Mª José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO

Guía para a abordaxe do tabaquismo en grupo. Manual de sesións: 10 euros.