DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.443

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2009, da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación urxente, para a adxudicación da obra de construción dun centro de día para a atención a persoas maiores situado na rúa Xoán de Austria, na parcela I-4 do polígono de Caranza, no concello de Ferrol.

Este Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/OBR/003/09.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: contratación dunha obra de construción dun centro de día para a atención a persoas maiores situado na rúa Xoán de Austria, na parcela I-4 do polígono de Caranza, no concello de Ferrol.

a) Lugar de execución: Galicia.

b) Prazo de execución: 9 meses (máximo).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 1.320.552,51 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si (5% do orzamento da adxudicación).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Rexistro Xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal nº 30-32, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono de información: 981 56 87 05.

e) Telefax: 981 56 87 13.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http:www.igualdadebenestar.org

7. Requisitos específicos do/a contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupos 2 e 4, categoría E.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo terceiro (13º) día natural, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se coincide en sábado ou festivo pasará ás 14.00 horas do seguinte día natural.

b) Documentación que se ten que presentar: a que figura na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de tratárense de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas, indicarase no exterior do sobre A, o número do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2) Domicilio: rúa Amor Ruibal nº 30-32, baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Prazo durante o que a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: ver prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal nº 30-32, baixo.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o décimo quinto (15º) día natural seguinte ao de rematar o prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado ou festivo, pasará ao seguinte día hábil.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións.

-Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Criterios de valoración: os que se enumeren coas súas valoracións nos pregos e no perfil de contratante.

-Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre C se atrase, farase pública a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil de contratante.

11. Gastos dos anuncios: os anuncios desta licitación serán por conta da persoa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2009.

P.D. (Comité Directivo 9-12-2008;

DOG do 31 de decembro)

Lois Pérez Castrillo

Xerente do Consorcio Galego de Servizos

de Igualdade e Benestar