DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TABOADA

EDICTO.

Solicitando desta Alcaldía Quintá, S.C., licenza municipal para a apertura de instalacións para explotación de gando vacún de leite existente para situar en Quintá-San Xián de Insua.

Cumprindo o disposto no punto 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións que estimen oportunas no Departamento de Urbanismo deste concello.

Taboada, 9 de xaneiro de 2009.

José Jesús Ramos Ledo

Alcalde