DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RUBIÁ

ACORDO de aprobación do expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens incluídos no proxecto sectorial do parque empresarial de Rubiá.

O Pleno do Concello de Rubiá (Ourense) na súa sesión do 22 de decembro de 2008 adptou o seguinte acordo, en relación co expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta dos bens incluídos no proxecto sectorial do parque empresarial de Rubiá:

Primeiro.-Iniciar e aprobar inicialmente o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos que se detallan a continuación, de conformidade co establecido no artigo 143 e seguintes da Lei 9/2002, do 30 de decembro, modificada pola Lei 15/2008, do 28 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, incluídos no proxecto sectorial do parque empresarial de Rubiá, aprobado definitivamente pola Xunta de Galicia con data 28 de decembro de 2008 ( DOG do 26 de febrero de 2008):

Ver referencia pdf "03400D086P158.PDF"

Segundo.-Proceder á apertura dun trámite de información pública durante o prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun diario dos de maior circulación na provincia, con notificación individualizada e literal das follas de valoración de todos os que aparezcan como titulares de bens e dereitos para que durante o dito prazo poidan consultar o expediente nas dependencias municipais e presentar cantas alegacións coiden convenientes.

Terceiro.-Os mencionados edictos servirán de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios e interesados directamente afectados que resultasen descoñocidos ou, ignorándose o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente no trámite de información pública.

Rubiá, 20 de xaneiro de 2009.

Elías Rodríguez Núñez

Alcalde