DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria, do día 26 de decembro de 2008, en substitución da ordinaria, do mes de xaneiro adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Pleno do Concello, por unanimidade, adoptou o seguinte acordo:

«1. Aprobar inicialmente a modificación nº 22 do PXOM de 2003, (modificación da APR 04 E O Cuco), redactada de oficio polos arquitectos A. Outeiriño-A. de Paula por pedimento da Área de Urbanismo.

2. Someter o expediente ao trámite de información pública na forma prevista no artigo 85.2º da Lei de Galicia 9/2002. E

3. Solicitar os informes sectoriais de conformidade co previsto no artigo 85.3º da Lei de Galicia 9/2002».

O dito expediente atópase no Negociado de Planeamento Urbanístico para, de conformidade co disposto no artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sometelo a exposición pública polo prazo de dous meses, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación oficial deste anuncio, para que todas as persoas interesadas poidan achegar as alegacións que consideren pertinentes.

Ourense, 12 de xaneiro de 2009.

Francisco Rodríguez Fernández

Alcalde-presidente