DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria, en substitución da ordinaria do mes de xaneiro do día 26 de decembro de 2008 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Pleno do Concello, por unanimidade, adoptou o seguinte acordo:

«1. Aprobar inicialmente a modificación número 21, modificación da cualificación urbanística dunha parcela do sistema xeral de equipamento docente, e modificación da ficha 22.35 do Inventario do Patrimonio Cultural do Concello de Ourense no medio urbano (documento refundido) redactada de oficio pola oficina de Xestión Urbanística do Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística.

2. Someter o expediente ao trámite de información pública na forma prevista no artigo 85.2º da Lei de Galicia 9/2002. E

3. Recadar os informes sectoriais de conformidade co previsto no artigo 85.3º da Lei de Galicia 9/2002».

O dito expediente atópase no Negociado de Planeamento Urbanístico, para de conformidade co disposto no artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sometelo a exposición pública polo prazo de dous meses, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación oficial deste anuncio, para que todas as persoas interesadas poidan achegar as alegacións que estimen pertinentes.

Ourense, 9 de xaneiro de 2009.

Francisco Rodríguez Fernández

Alcalde-presidente