DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2009 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a adxudicación do servizo que se indica.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Universidade de Vigo.

Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

Nº de expedientes: 300/09.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: desenvolvemento de novos módulos do Sistema Integrado de Xestión da Investigación (SUXI).

3. Tramitación, procedemento de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Importe de licitación: 200.000 €, e 32.000 € de IVE.

5. Garantías: provisional: non se exixe; definitiva: 5% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Universidade de Vigo. Servizo de Xestión Económica e Contratación.

Enderezo: edificio Xerencia-Servizos Centrais, 2º andar, Campus As Lagoas-Marcosende.

Localidade e código postal: Vigo 36310.

Teléfono: 986 81 35 56.

Telefax: 986 81 38 57.

Data límite de obtención de documentos e información: o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación exixible:

Grupo: V, subgrupo: 2, categoría: B.

8. Presentación das ofertas:

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao de publicación deste anuncio no DOG.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: 1º Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2º Enderezo: edificio Xerencia-Servizos Centrais, Campus As Lagoas-Marcosende. Localidade e código postal: Vigo 36310.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

Entidade: sala de xuntas do edificio de Xerencia Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

Domicilio: Campus As Lagoas-Marcosende.

Localidade: Vigo.

Data: o décimo día natural seguinte ao de remate do prazo de presentación de ofertas.

Hora: 13.00 horas.

10. Outras informacións:

Criterios de adxudicación:

A oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta:

Puntuación e

Criterios: ponderación

1 Prezo ofertado 50 puntos. 50%

2 Adecuación funcional dos novos módulos 25 puntos. 25%

3 Adecuación e dotación de recursos no plan

de desenvolvemento e mantemento dos novos

módulos 20 puntos. 20%

4 Servizos de implantación 5 puntos. 5%

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Páxina web onde se poden atopar os pregos e demais información:

http://www.uvigo.es/servicios/contratación

Vigo, 10 de febreiro de 2009.

Alberto Gago Rodríguez

Reitor da Universidade de Vigo