DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

XURADO DE EXPROPIACIÓN DE GALICIA

CÉDULA do 4 de febreiro de 2009 pola que se notifica o acordo que fixa o prezo xusto do predio 176 sito en Val do Dubra relativo ao proxecto 00083, expediente 2006/001409.

Datos xerais:

Proxecto para o que se expropia: 00083-CP-1914 Carballo-Portomouro. Tramo Portomouro-Carballo. Código 9511100013.0. TM Val do Dubra.

Nº expediente: 2006/001409.

Expropiante: Deputación Provincial da Coruña.

Expropiado: Manuel Rey García.

Beneficiario: Deputación Provincial da Coruña.

Predio nº: 176.

Municipio: Val do Dubra.

Provincia: A Coruña.

Valoración resolución do xurado: 28,40.

De conformidade co disposto no artigo 59 números 4º e 5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, sobre notificacións ás persoas interesadas, intentada coas formalidades previstas na LRXPAC e non practicada por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada, non se puido efectuar polas diferentes causas determinadas no aviso de recepción devolto polo servizo de correos,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Manuel Rey García o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 25-9-2008 que fixa o prezo xusto do predio número 176 sito no Val do Dubra relativo ao proxecto 00083, expediente 2006/001409.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpor o recurso potestativo de reposición con anterioridade á vía contencioso-administrativa, perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXAP. O interesado tamén poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade cos artigos 10.1º i ) 14.1º e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En ningún caso poderán simultanearse ambos os recursos.

O texto íntegro do acordo referenciado nesta cédula está a disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia con domicilio no edificio administrativo de San Lázaro s/n de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación ao expropiado, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 4 de febreiro de 2009.

Manuel González Sarria

Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia