DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2009, da Xerencia do Hospital da Barbanza, pola que se convoca a contratación do servizo de xestión e mantemento integral dos aparellos elevadores e portas automáticas para o Hospital da Barbanza AB-FPB1-09-005.

A directora do Hospital da Barbanza, para dar cumprimento aos principios de contratación que lle son aplicables, abre o proceso de recepción de ofertas para a seguinte contratación:

1) Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Hospital da Barbanza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: AB-FPB1-09-005.

2) Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servizo de xestión e mantemento integral dos aparellos elevadores e portas automáticas do Hospital da Barbanza.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de entrega: ver número 19 da folla de especificacións.

d) Prazo de entrega: ver número 19 da folla de especificacións.

3) Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os seguintes criterios:

Ver referencia pdf "03400D078P154.PDF"

4) Orzamento base de licitación: trinta mil oitocentos sesenta e dous euros con sete céntimos (30.862,07 €) sen IVE. Ver número 8 da folla de especificacións.

5) Garantía provisoria: non.

6) Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Hospital da Barbanza.

b) Domicilio: lugar de Salmón s/n, Oleiros.

c) Localidade e código postal: 15993 Ribeira, A Coruña.

d) Teléfono: 981 83 59 22.

e) Telefax: 981 83 59 98.

7) Requisitos específicos do contratista

a) Solvencia económica e financeira: ver número 16 da folla de especificacións.

b) Solvencia técnica e profesional: Ver apartado 17 da folla de especificacións.

8) Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación das ofertas, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Departamento de Administración do Hospital da Barbanza. Ver número 19 da folla de especificacións.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións para a adxudicación provisoria

e) Admisión de variantes: non.

9) Apertura das ofertas: a data, hora e lugar de celebración da mesa de apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10) Outras informacións: ver o prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

11) Gastos de anuncios: si. Por conta do adxudicatario. Ver número 20 da folla de especificacións.

12) Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: perfil do contratante www.sergas.es

Ribeira, 6 de febreiro de 2009.

Rosario Vázquez López

Directora do Hospital da Barbanza