DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Josefa Rivera González.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Santiago de Compostela tramítase o recurso 593/2008 (procedemento abreviado), interposto por Mª Josefa Rivera González contra a Resolución do 28 de xuño de 2007, DOG do 19 de xullo, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, pola que se formaliza a incorporación de novos méritos polas persoas aspirantes xa inscritas e a selección de novas persoas aspirantes para vinculacións temporais nas institucións sanitarias deste organismo en diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos e posteriormente ampliado á Resolución do 2 de maio de 2008, pola que se estima parcialmente o recurso de reposición.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2009.

Antonio José Fernández Paniagua

Director xeral da División de Recursos Humanos

e Desenvolvemento Profesional