DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 18 de febreiro de 2009 Páx. 3.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2009, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración sucesiva de catéteres de seguridade para este complexo hospitalario MS-CHX1-09-001.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde. Rúa Doutor Severo Ochoa, s/n. 27004 - Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: MS-CHX1-09-001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de catéteres de seguridade.

b) Número de unidades a entregar: estimado.

c) División por lotes e número: lote único.

d) Lugar de entrega: o indicado no seu momento pola dirección do centro.

e) Prazo de execución: un ano prorrogable.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedimiento: aberto.

c) Forma: acordo marco.

4. Orzamento base de licitación: corenta e seis mil seiscentos doce euros con quince céntimos de euro (46.612,15 €). IVE non incluído. Para o contrato inicial.

5. Garantía provisoria: non.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Complexo Hospitalario Xeral-Calde.

b) Enderezo: rúa Severo Ochoa s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo- 27004.

d) Teléfono: 982 29 65 92.

e) Fax: 982 29 65 92.

f) Data límite obtención documentación e información: ata as catorce horas do último día de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

7.1. Solvencia económica e financeira: calquera dos medios descritos no artigo 64 da Lei de contratos do sector público (LCSP).

7.2. Solvencia técnica e profesional: calquera dos medios descritos no artigo 66 da LCSP.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás catorce horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Calde. Edificio administrativo, plta. baixa.

2. Enderezo: rúa Severo Ochoa s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo-27004.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Complexo Hospitalario Xeral-Calde (sala de xuntas, 1ª plta. Edificio administrativo).

b) Enderezo: rúa Severo Ochoa s/n.

c) Localidade: Lugo-27004.

d) Data e hora: as indicadas no perfil do contratante.

10. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

11. Gastos de anuncios: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios do expediente.

12. Páxina web onde figuran informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es

Lugo, 21 de xaneiro de 2009.

Francisco Manuel Martínez Otero

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo